Galicia Vigo al minuto

Feijóo esixe ao Goberno as máscaras FPP2 e “el non as facilita ao persoal da Xunta”

“Ten plenas competencias para decretar o seu uso en Galicia” e non o fai

FEijóo con mascarilla

CIG-Ensino considera un “escándalo de proporcións enormes” que o presidente Núñez Feijóo veña de pedir un acordo ao goberno do Estado para impoñer o uso de máscaras FPP2 “en determinados contextos” , cando el mesmo podería comezar por dar exemplo e facilitarllas a boa parte dos traballadores e traballadoras da Xunta que así o reclamaron desde o inicio da pandemia.

Ten competencias pero non da máscaras nin ao persoal máis vulnerable

Neste sentido, lémbralle que ten plenas competencias para decretar o seu uso nos centros de ensino e que podería, cando menos, comezar por repartilas entre o persoal que ten condicións vulnerábeis de saúde propia e/ou que ten un contacto máis directo con alumnado máis desprotexido, como é o alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo, o da etapa de infantil, o de música e Conservatorios.

Non cumpre os requerimentos da Inspección de Traballo

No momento máis crítico da pandemia, a CIG-Ensino considera que a Xunta non pode escatimar en material de protección efectivo para o seu persoal e alude a outras comunidades nas que se decretou o uso de máscaras FPP2 nos primeiros días de volta ás aulas tras o Nadal. Así mesmo, insta á administración a cumprir os requirimentos da Inspección de Traballo sobre a distribución deste material de protección, tal e como denunciara o sindicato no trimestre pasado, e a responder ás explicacións que se lle piden desde a autoridade laboral.

Te podría interesar