Galicia Vigo al minuto

22.000 vigueses citados para facerse probas COVID no Ifevi

Trátase de test antíxenos e as citacións empezaron a chegar xa por SMS

22.000 persoas de Vigo serán invitadas a participar nun novo cribado poboacional masivo, con test de antíxenos, no Instituto Ferial de Vigo.

Asi, a partires da tarde do venres e ata o próximo mércores habilitarase no IFEVI un dispositivo sanitario composto por unha vintena de profesionais de enfermaría para realizar estas probas.

SMS enviado polo SERGAS hoxe

Neste momento, a Área Sanitaria realiza a detección mediante as probas de PCR con citación en Covid-Auto seleccionando mostras de poboación adscrita aos centros de saúde. A dispoñibilidade de Test de antíxenos permitirá ampliar a porcentaxe do número de persoas que poden ser obxecto deste cribado.

Te podría interesar