Comarcas

O Concello de Nigrán ofrece, de novo, á hostalería o servizo gratuito de entrega a domicilio

O Concello asume, novamente, as custas do reparto a domicilio mediante a contratación propia do servizo no termo municipal

O Concello de Nigrán realizará desde este venres 29 de xaneiro unha nova campaña para promover os pedidos a domicilio na hostalería do municipio.

A medida empeza logo das novas restricións anunciadas pola Xunta que, subliñan dende o Concello, «supoñen o peche deste sector, permitindo só a comida para levar».

Como xa fixera en novembro

O Concello repetirá o modelo que levou a cabo durante o peche de novembro, «asumindo novamente as custas do reparto a domicilio mediante a contratación propia do servizo no termo municipal» e ampliándoo aos 7 días da semana (anteriormente era de luns a sábado).

Aberto o prazo

Os negocios interesados en figurar na guía que recompile todos os locais que fan envíos e/ou en contar co servizo de reparto gratuíto do Concello de Nigrán deberán enviar antes deste xoves 28 de xaneiro ás 23:00 horas un correo electrónico a comunicació[email protected] indicando os seus datos básicos -nome do negocio, especialidade, onde ver a carta e teléfono para pedidos-.

A guía distribuirase desde este mesmo venres a través de redes sociais e cartelería.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.