Galicia Vigo al minuto

A Comisión Europea segue investigando a precariedade laboral no SERGAS

A denuncia fora presentada pola BNG e Enfermeiras Eventuais en Loita

A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, cualificou de “feito histórico” que un total de seis grupos políticos da Eurocámara defenderan que a
denuncia contra a precariedade laboral no Servizo Galego de Saúde (SERGAS),
impulsada polo BNG e as Enfermeiras Eventuais en Loita quedase aberta durante a sesión da Comisión de Peticións celebrada hoxe.

«Europa pon en cuestión o modelo de contratación da Xunta na sanidade pública»

“Que a propia Comisión Europea recoñeza o abuso da contratación temporal significa que desde Europa se pon en cuestión o modelo de
contratación do goberno galego na sanidade pública
”, subliña Miranda ao finalizar a sesión, na que interveu Catuxa Lagarón, en representación do colectivo.

A sucesión de contratos é contraria ás normas da UE

“Quedou patente e recoñecido por parte da Comisión que a sucesión de contratos temporais para cubrir necesidades permanentes vulnera a normativa europea”, salienta a portavoz do Bloque en Europa.

A denuncia foi presentada na Comisión de Peticións e entregada a súa vicepresidenta Tatjana Zdanoka quen defendeu que se abra
un procedimento de infracción
e unha carta ao Goberno galego. Ao respecto, as Enfermeiras Eventuais en Loita se comprometeron a enviar máis información, especialmente sobre a concatenación de contratos, despois de ser requirido polo propio Executivo comunitario.

500 contratos en 6 anos

Ademais de sinalar que a investigación sobre esta situación está en curso, a Comisión Europea, recoñeceu que non existen medidas suficientes para prever o excesivo recurso á temporalidade. Neste sentido manifestou que a existencia de 500 contratos durante 6 anos é “un exemplo gravísimo da situación” e afirmou que están en contacto coas autoridades españolas sobre estas prácticas abusivas.

Ademais, na súa quenda de réplica Catuxa Lagarón criticou a falta de transparencia do goberno galego, xa que “falta información sobre o cadro de persoal do SERGAS”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.