'Qué te cuentas?' Galicia

Reclaman á Xunta que acabe co copago dos usuarios de Axuda no Fogar

A deputada Marina Ortega denuncia que o Goberno galego ten conxeladas as achegas a este servizo dende hai dez anos

A deputada Marina Ortega, portavoz de Política Social do Grupo
Socialista, reclámalle á Xunta que elimine o copago dos usuarios do Servizo de Axuda ao Fogar (SAF) e sexa asumido pola administración autonómica.

As achegas a este servizo levan dez anos conxeladas

A responsable socialista presentará unha proposición non de Lei no Pleno do Parlamento de Galicia para incrementar as achegas autonómicas a este servizo, logo de dez anos conxeladas a pesares do aumento dos custes, e que están a ser asumidos polos concellos.

Ortega sinala que “a situación chegou ao punto de que un dos maiores gastos locais para moitos concellos é o coste que supón o SAF pola ausencia da actualización da cota que a Xunta ten que aportar ao servizo”.

De 8 a 12€ por hora

A deputada socialista lembra que o Goberno de Galicia “é o segundo do Estado que menos inviste en Dependencia por habitante”. Por iso, reclama da Xunta que aumente a súa aportación de 8 a 12€ por hora de Servizo de Axuda ao Fogar.

Reclámalle así que equipare as aportacións ás que estivo a facer entre o 11 de abril e o 30 de novembro, cando asignou 500.000 novas horas mensuais nun SAF extraordinario por motivo da pandemia, pero que non volveu
recuperar na terceira onda de coronavirus.

Baixa voluntaria

Marina Ortega subliña, ademaís, que dende que comezara a pandemia, moitos usuarios déronse de baixa voluntaria” no servizo, o que provoca que “nestes momentos non están a disposición de novas altas, pero tampouco se están aplicando”. Sinalou que “polo tanto, a Xunta ten que asumir o custe desas horas para evitar que as propias auxiliares teñan dificultades laborais ao non completar a xornada”.

También te puede interesar