'Qué te cuentas?' Destacados

A Xunta asegura que pagou máis de 4 millóns en axudas á hostalería de Vigo

No conxunta da área viguesa esa cantidade achégase aos 6,6 millóns

A delegada da Xunta informou hoxe que o Goberno galego xa abonou preto de 6,6 millóns de euros das axudas concedidas ao sector da hostalería na área de  Vigo.

Marta Fernández-Tapias sinalou que no marco do primeiro plan de rescate se completaron os pagamentos de 3.515 solicitudes.

No que atinxe a Comunidade galega, recordou que foron 20.000 as axudas que recibiu o sector da hostalería en os apoios económicos directos da Xunta a través das tres liñas do plan de rescate por un importe total de 37 millóns de euros.

Máis de 4 millóns só en Vigo

Segundo detallou Fernández-Tapias, dos 6,6 millóns abonados na área de territorial, máis de 4 corresponden as 2.163 solicitudes presentadas polo sector da hostalería na cidade de Vigo.

No Val Miñor, concedéronse 130.300 euros en Baiona (62 solicitudes), 163.600 euros  en Gondomar (105) e 249.425 euros en Nigrán (142). Polo que se refir ao Morrazo, atendéronse solicitudes por  importe de 474.875 euros en Cangas (293) e de 246.300 euros en Moaña (147).

O Val da Louriña: en Mos repartíronse 221.800 euros para dar cobertura ás 127 solicitudes presentadas e no Porriño 329.875 euros para 171. Redondela, Pazos de Borbén, Soutomaior e Fornelos de Montes percibiron 437.525 euros (237 solicitudes), 7.600 euros (4), 141.825 euros (73) e 17.925 euros (9 solicitudes) respectivamente.

Xa por último, a Salceda de Caselas concedéronse 49.175 euros (22 solicitudes) e a Salvaterra do Miño 46.825 euros (22 solicitudes).

Fonte: Xunta de Galicia

Chamamento aos concellos e á Deputación

Marta Fernández-Tapias apelou á colaboración entre as distintas administracións, en clara alusión a proposta do propio sector cun plan de rescate complementado con achegas directas das deputacións (30%) e os concellos (20%), subliñou que o Goberno autonómico vai seguir traballando, con independencia de quen se sume ao chamamento da hostalería.

A delegada, que insistiu en que a actual situación de crise sanitaria require que todas as administracións traballen xuntas. Por iso, invitou á Deputación de Pontevedra e aos concellos da área a sumarse á proposta. «É necesaria a implicación de todas as administracións, con independencia das cores políticas o de debates estériles sobre competencias», reflexionou. «Mantemos a man tendida», engadiu.

Segundo plan de rescate

Fernández-Tapias tamén salientou a importancia do anuncio dun segundo plan de rescate para facer fronte ás novas restricións sanitarias dotado como mínimo con 50 millóns de euros e co obxectivo de poder activalo en febreiro. Deste modo, apuntou, «a Xunta sumará en 90 días 140 millóns de euros en axudas directas aos sectores máis afectados pola crise e as restricións sanitarias».

Sobre esta segunda convocatoria, enfocada a persoas traballadoras autónomas, microempresas e establecementos hostaleiros pechados por mor da pandemia, explicou que terá unhas características similares ao posto en marcha a finais de ano.

Trámites máis áxiles e menos requisitos

Tras destacar a capacidade de xestión no abonamento das axudas que respaldou no feito de que «antes de rematar o prazo de solicitude xa se efectuaran un 70% dos pagos». Así mesmo, sinalou que nesta nova fase da pandemia simplificaranse os trámites e os requisitos para obter as axudas.

Como novidade, salientou, que os autónomos non terán que acreditar prestación por cese de actividade e que non se esixirá as microempresas ter activo ou ter pasado por un ERTE para optar ás axudas. En todo caso, incidiu en que as tres liñas de axudas volverán a ser complementarias e que os perceptores do 1º plan de rescate, de cumprir os requisitos, poderán volver a solicitalas. 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.