Galicia Vigo al minuto

Marea de Vigo pide ao Parlamento Europeo que siga aberta a petición sobre a contaminación da Ría

Remitirá os propios informes do Concello que argumentan o cambio tarifario da auga como consecuencia da necesidade de mellora na rede de saneamento e de erradicar as propias verteduras na ría.

Marea de Vigo envíará un informe detallado á xuntanza da Comisión de Peticións que a vindeira semana avaliará a petición aberta nos anos de 90. Foi a que orixinou a ameaza de multa polo estado da depuración e as verteduras na Ría de Vigo.

Marea entende que,“coa construción da nova depuradora, só solventouse parte do problema indica Rubén Pérez, voceiro municipal da Marea de Vigo.

Verquidos na depuradora de Teis

O propio Concello recoñece a existencia de verquidos na EDAR de Teis“, insiste Pérez. Esta estación foi executada durante os anos 2000 – 2001 pola Xunta e pasou a explotación municipal o 1 de xuño de 2001. Hoxe, a mesma “presenta serios problemas de capacidade, xa que os caudais tratados actualmente pola planta son superiores aos previstos cando foi deseñada” explica Rubén Pérez.

Dende o Concello asúmese, ademais, que, “de cara ao futuro, preténdese conseguir, para as augas vertidas, parámetros máis esixentes que os impostos pola normativa, de modo que se contribúa con maior eficacia á mellora da calidade das augas da ría. Isto requirirá actualizar, entre outros, os equipos de desinfección da planta así coma os niveis de control sobre os parámetros de vertido.”

Igualmente, o Concello admite que non se acometeron as melloras da estación de bombeo de augas residuais de Bouzas. Tampouco as actuacións urxentes no colector de marxe de ría no tocante aos bombeos necesarios para conducir as augas residuais ata a EDAR do Lagares.

“Estes bombeos datan dos anos 90, polo que precisan da súa renovación e adaptación aos caudais circulantes na actualidade, cuxa implantación se cifra en máis de 13 milóns de euros matiza o voceiro.

Para Marea de Vigo, a petición debe continuar aberta namentres non se aborden estas actuacións complementarias, cuxa aplicación considera debe de facerse, segundo Rubén Pérez, “de xeito urxente e prioritario”.

También te puede interesar