Galicia Vigo al minuto

Feijóo culpa ao Goberno das novas medidas restritivas que tome a Xunta ante a COVID

Pide adiantar o ‘toque de queda’ en Galicia das 22 ás 20:00h.

O presidente da Xunta sinalou ao Goberno coma o responsable das «medidas maís restritivas» que teña que toar Galicia ante o descontrol da COVID.

Para o presidente Feijóo, esta será a consecuencia da negativa do Goberno central de adiantar o ‘toque de queda’ ás 10 da noite.

Pide que o ‘toque de queda’ sexa ás 8 da tarde

Feijóo, quen en outubro cualificara de «demoledor» o toque de queda, pediu hoxe que o mesmo sexa ás 20 h e non ás 22:00h. «Se funcionase a partir das 20:00 horas e todos nos refuxiásemos nas nosas casas, as medidas restritivas serían menores», declarou o presidente hoxe.

Menos mobilidade ou o peche de actividade non esencial

Entre as medidas ás que apuntou Feijóo están restrinxir máis a mobilidade, limitar a interación social ou, como se fixo en Arteixo, Xinzo e Viveiro, pechar a hostalería e toda actividade non esencial, considerando que a Incidencia Acumulada a 14 días supera xa os 600 casos por 100.000 habitantes.

En todo caso, o presidente apuntou a que calquera decisión terá que gardar á vindeira semana. O luns haberá unha reunión do Comité Clínico para tratar este tema.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.