Destacados Sucesos

28 pacientes e 9 profesionais afectados polo brote de COVID no Meixoeiro

Trátase de enfermos que estaban no servizo de Xeriatría e Rehabilitación

Ante o brote de Covid-19 detectado estes días no Hospital  Meixoeiro, en Vigo, o servizo de Medicina Preventiva decidiu realizar un cribado a aqueles pacientes hospitalizados noutras Unidades que puideran ter relación co brote.

16 positivos máis

Neste contexto,  hoxe tense confirmados 16 pacientes máis que deron positivo á proba PCR. Así, o brote se amplía afectando a 28 pacientes ingresados e a 9 profesionais.

Trátase de enfermos que tamén estaban hospitalizados na planta 3ª, aínda que noutra  ala, no servizo de Xeriatría e Rehabilitación. Estes pacientes están sendo trasladados ao Hospital Álvaro Cunqueiro, onde se centraliza a atención á hospitalización da Covid-19.

Máis camas no Cunqueiro

Por este motivo, e de xeito preventivo, hoxe volveuse a incrementar as camas ordinarias de atención aos enfermos Covid no Cunqueiro, con 16 camas na Unidade 1C, dirixidas á hospitalización de casos sospeitosos. Nestes momentos o hospital xa ten destinadas ata 174 camas á atención dos pacientes con esta patoloxía ou con sospeita de padecela (134 para os casos confirmados e 40 para os sospeitosos).

También te puede interesar