Galicia Vigo al minuto

O BNG de Vigo reclama información dos acordos do Comité Municipal de Seguimento da Covid19

A última resolución do Comité de Seguimento feita pública é do 22 de outubro

Abel Caballero Plan Ecosostenibilidad

O Bloque Nacionalista Galego anunciou este luns que se dirixirán ao alcalde para lle reclamar que informe a todas as formacións políticas con representación no Pleno dos contidos e acordos das xuntanzas que celebre o Comité Municipal de Seguimento da Covid19.

Dende o BNG demándase, ademais, diálogo de cara á definición de medidas adicionais a nivel local para enfrontar a terceira vaga do coronavirus.

«Hai moitas semanas que o Goberno local non informa»

O concelleiro do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas, sinalou que o Goberno municipal «hai moitas semanas que non informa ao resto de grupos políticos e a última resolución do Comité de Seguimento feita pública no sitio web do Concello é do 22 de outubro«.

Igrexas, que expresou a súa preocupación perante a «perigosa evolución pandémica» na área sanitaria de Vigo onde xa son máis de 2.400 os casos activos, demandou «transparencia e diálogo» para adoptar as medidas adicionais e despregar os medios que sexan precisos para «robustecer a capacidade de resposta perante a terceira vaga».

Máis de 80 propostas dende marzo

O voceiro do BNG no Concello de Vigo, reiterou ademais a súa disposición total «á cooperación co Goberno municipal desde a máxima lealdade institucional, tal e como o levamos facendo desde o inicio da pandemia». «É momento de sumar forzas, de informar, de dialogar e de acordar, entre todos e todas para plantarlle cara a esta nova enxurrada do virus», reclamou.

O BNG trasladou desde o pasado mes de marzo máis de 80 propostas ao Goberno local relativas á loita contra a Covid.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.