'Qué te cuentas?' Galicia

Piden á Xunta a intervención da residencia DomusVi de Ribeira onde hai 74 casos de COVID

Denuncian que os seus responsábeis “seguen tomándose a broma os protocolos” e non cubren as baixas de persoal

A asociación de familiares e usuarios de residencias Vellez Digna ven de solicitar a Consellería de Politica Social e a de Sanidade a intervención da residencia DomusVi de Ribeira.

Esta solicitude, sinalan dende a asociación, está motivada porlo feito de que “os xestores de DomusVi non foron quen de impedir o contaxio masivo nela e que a situación empeora cada día”. Para os familiares dos usuarios, “cúmpre que a Xunta actúe e aparte da xestión aos responsables desta residencia antes de que empeoren as cousas como xa pasou noutras dese grupo”

Prima o beneficio económico

Para a asociación hai “sobradas experiencias pasadas sobre as xestións realizadas por DomusVi como para poder aseverar que cando non o fan mal o fan peor que mal, son os xestores das residencias mais mortais de Galicia e a pesar delo seguen tomándose a broma os protocolos e seguen a ser as suas residencias un lugar moi perigoso para maiores e dependentes”.

Os familiares subliñan que o procedemento é igual en tódalas residencias deste grupo, “sigue primando o beneficio económico sobre a prevención”. Denuncian que hai “moita publicidade e poucos coidados”, que “seguen sen cumprir as rateos de persoal, habitualmente por debaixo dos mínimos, sen cubrir as baixas, nin os dias libres en lugar de reforzarse ben, e así é imposible facer prevención”.

61 residentes e 13 traballadores contaxiados

Con 61 residentes e 13 traballadores contaxiados “cuxas baixas están, como de costume, sen cubrir”,  para os familiares, debe apartarse os responsables desta residencia da súa xestión e denuncialos ante a Fiscalía, porque esta claro que teñen algunha responsabilidade no ocorrido”.

Á vista destes feitos, piden á Xunta a inmediata intervención da residencia Domus Vi de Ribeira, “aportación de persoal  organización e medios”. Así mesmo, demanda a “investigación da orixe do brote e o traslado a Fiscalía de toda a información que se teña sobre  esta residencia”.

También te puede interesar