Galicia Vigo al minuto

Veciños de Tameiga denuncian na Fiscalía as «ilegalidades» da cidade deportiva do Celta

SInalan a todos os concelleiros de Mos que aprobaron a adxudicación de licencias, dirixentes do Celta e funcionarios da Xunta que informaron das autorizacións

Un informe hidrolóxico alerta que o proxecto do Celta "deixará sen auga" a máis de 5.000 persoas en Mos

Imaxe:MC/A asociación de veciños A Portela (Tameiga) insta á Fiscalía a que abra dilixencias por delitos de prevaricación administrativa e contra a ordenación do territorio pola obras da cidade deportiva do RC Celta en Mos.

A asociación veciñal sinala ao R.C. Celta, a todos os concelleiros do goberno municipal de Mos que participaron nas xuntas de goberno que adxudicaron as licencias para a construcción da cidade deportiva e aos funcionarios da Xunta que informaron favorablemente ditas autorizacións.

Urbanización do espazo forestal

A asociación veciñal denuncia que o proxecto aprobado no seu día en Xunta de Goberno Local de Mos, segmentado en dúas partes, supón unha verdadeira  urbanización  do  espazo  forestal, «dada  a  natureza  das  obras e  a  magnitude  do  espazo ocupado«.

Sinalan que das superficies afectadas, modificadas e edificadas, despréndese claramente  que  o obxecto era obter dotacións ou equipamento  de tipo  deportivo  para  unha  determinada  entidade deportiva de carácter privado.

En terreos rústicos protexidos

Desde a asociación resaltan que as obras autorízanse en terreos rústicos de protección forestal, os cales antes do inicio das obras,  atopábanse nun estadio moi próximo ao natural, é dicir, cubertos de  arboleda sen practicamente intervención humana en canto a obras,  instalacións e/ou camiños.

A asociación de veciños de Tameiga recorda que ao tenor do disposto na lei, «requírese inexcusablamente a aprobación previa dun Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións«. Devandito Plan non existía no momento de ser concedidas as licenzas indicadas. «Nin está aprobado a día de hoxe».

Un aparcamento e un carreiro de mantemento

Desde a asociación veciñal aseguran que a protección forestal é incompatible coa urbanización, que é o que realmente se autorizou, dada  a magnitude  do  proxecto. Ademais, a Lei do Solo prohibe a  apertura de camiños, o cal non só se fai co proxecto aprobado, senón que ademais faise un aparcamento de 5.500 m2 para  un número indeterminado de vehículos e tamén se apertura un «carreiro de mantemento» de 3.400 m2 segundo a propia memoria.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.