RGPD - Cookies
Comarcas

Comeza a reforma íntegral do mercado do Rosal

As obras durarán menos de 3 meses e o mercado provisional está xa na Escola Simón de Mazo

Concello do Rosal iniciará este martes, día 12, de xaneiro a primeira fase das obras do seu mercado. Trátase dunha reforma íntegra da praza de abastos para «convertela nun espazo vivo no que fomentar a compra de produto local de proximidade, promover actuacións que fagan o comercio local máis atractivo e competitivo e dinamizar o núcleo urbano económica e socialmente».

Tres meses en obras

Os traballos de reforma do edificio terán un prazo de execución de menos de tres meses e un custo de máis de 207.000€. O mesmo irá a cargo do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, dunha subvención de Agader e de financiamento propio do Concello.

O ‘mercado provisional, está dende hoxe na Escola Simón de Mazo

O ‘mercado provisional’ na Escola Simón de Mazo

Para seguir ofrecendo o servizo á veciñanza, mentres dure a reforma do mercado, o Concello condicionou a Escola Simón de Mazo. Así, dende este  luns os praceiros abriron os seus postos ao público neste edificio.

También te puede interesar