Galicia Sucesos

41 feridos en accidentes nas estradas galegas nunha fin de semana sen mortos

Producíronse 35 accidentes dende o venres á última hora deste domingo

Investigan a diez personas por causar daños a ambulancias en Vigo, Baiona y Mos

O persoal do 061 Galicia asistiu durante a fin de semana a 41 persoas debido a 35 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do venres, día 8, e as 12 menos un minuto da noite deste domingo, 10 de xaneiro.

A Central de Coordinación do 061, recibiu nestes días 43 chamadas en relación cos accidentes de tráfico.

As ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en 8 accidentes. As ambulancias asistenciais de soporte vital básico
mobilizáronse en 29 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria , prestaron asistencia en dous accidentes. As ambulancias convencionais atenderon en dúas ocasións.

En 35 casos os feridos foron trasladados a centros sanitarios e en seis
ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.

También te puede interesar