Deportes Vigo al minuto

A Xunta edificará en Ifevi unha zona deportiva cuberta para os clubes de atletismo

Dará servizo a clubes de cinco disciplinas deportivas: salto de lonxitude, triple salto, lanzamento de peso, salto con pértiga e salto de altura

O presidente do Goberno galego anunciou este venres en Vigo a construcción en Ifevi dunha nova dotación deportiva. A mesma dará resposta a falla dun lugar de adestramento que teñen os clubes de atletismo da cidade.

A construcción ao mesmo tempo que a ampliación de Ifevi

O presidente Feijóo sinalou que a na infraestructura “executarase simultáneamente” coa ampliación de Ifevi, será cuberta e “permitirá entrenar todos os días do ano”.

A mesma suple ás pistas de Balaídos, “que tentamos reformar dende 2011 e que non foi posible pola situación urbanística de Vigo”.

Para cinco disciplinas deportivas

Esta zona deportiva contará cunha pista de 60 metros de lonxitude, 6 rúas de adestramento, 4 zonas separadas e dará servizo a clubes de cinco disciplinas deportivas: salto de lonxitude, triple salto, lanzamento de peso, salto con pértiga e salto de altura.

También te puede interesar