Deportes Vigo al minuto

A Xunta edificará en Ifevi unha zona deportiva cuberta para os clubes de atletismo

Dará servizo a clubes de cinco disciplinas deportivas: salto de lonxitude, triple salto, lanzamento de peso, salto con pértiga e salto de altura

O presidente do Goberno galego anunciou este venres en Vigo a construcción en Ifevi dunha nova dotación deportiva. A mesma dará resposta a falla dun lugar de adestramento que teñen os clubes de atletismo da cidade.

A construcción ao mesmo tempo que a ampliación de Ifevi

O presidente Feijóo sinalou que a na infraestructura «executarase simultáneamente» coa ampliación de Ifevi, será cuberta e «permitirá entrenar todos os días do ano».

A mesma suple ás pistas de Balaídos, «que tentamos reformar dende 2011 e que non foi posible pola situación urbanística de Vigo».

Para cinco disciplinas deportivas

Esta zona deportiva contará cunha pista de 60 metros de lonxitude, 6 rúas de adestramento, 4 zonas separadas e dará servizo a clubes de cinco disciplinas deportivas: salto de lonxitude, triple salto, lanzamento de peso, salto con pértiga e salto de altura.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.