Comarcas

A Deputación pechou 2020 cun máis de 68 millóns de investimentos directos nos concellos da provincia

Por medio do Plan Concellos 2020, o Plan de Reequilibrio e o Plan DepoRemse,

A presidenta da Deputación fixo balance este xoves “de 3 programas pensados para garantir servizos e dereitos nos concellos”: o Plan Concellos 2020, o Plan de Reequilibrio e o Plan DepoRemse, que mobilizaron ata 68 millóns de euros nos municipios da provincia.

Estes dous últimos programas, que suman 26 millóns, están practicamente rematados e avanzando a bo ritmo. En canto ao Plan Concellos 2020, dotado de 42,2 millóns de euros, “os 59 concellos
presentaron 429 obras á liña 1”
de investimentos. A presidenta resaltou que os datos “confirman a tendencia dos concellos a realizar obras de maior importe e máis grandes” e tamén que “os concellos xa acompasan as solicitudes ás novas necesidades, moitas delas relacionadas co plan de recuperación e resiliencia. Son moi conscientes de cales son as novas actuacións que hai que poñer en marcha para cumprir o novo paradigma”.

Melloras de camiños

En canto ás actuacións financiadas, Carmela Silva sinalou que “as obras de mellora de camiños son, como vén sucedendo dende o principio, o núcleo do Plan Concellos: un 28% sobre o total. Ademais, “chama á atención o crecemento de obras en edificacións municipais: recibimos 48 solicitudes, por importe de 3,8 millóns converténdose no segundo apartado en importancia”.

Pola outra banda, perden peso as solicitudes nas “obras de alumeado e eficiencia enerxética, xa que a través do Instituto de Desenvolvemento e Diversificación Enerxética (IDAE) se están recibindo moitos recursos da Unión Europea que a Deputación pon á súa disposición á marxe deste plan, co que a necesidade se ve cuberta a través doutros fondos”.

Tamén salienta o progresivo incremento dos concellos en equipos informáticos, que alcanzou 13 solicitudes.

Actividades sociais

A liña 2, dirixida a boa parte da actividade municipal nos concellos, está dedicada a achegas para actividades sociais, culturais e deportivas, pagos a provedores, tarefas de mantemento e reparación e amortizacións de débedas. “A amortización de débeda vai diminuíndo de xeito importantísimo, ata o punto de que este ano só houbo unha actuación neste senso”, asegurou a presidenta. “Isto quere dicir”, valorou, “que os concellos están saneados en gran parte porque durante os 4 anos anteriores puideron
usar os recursos da Deputación para facer fronte ás necesidades”
.

Foron 109 subvencións para actividades sociais, culturais e deportivas, 31 para pagos a provedores, 23 para mantementos e reparacións e só 1 para amortización de débedas.

Contratación de persoal


Na liña 3 do Plan Concellos, “para a contratación de persoal co que facer fronte ás súas competencias”, a Deputación “proporcionou traballo a un total de 912 persoas durante 2020”. A presidenta lembrou que “a duración decídena os concellos porque, como sempre no Plan, son os que teñen a liberdade para decidir como empregan os recursos. O único que se esixe é que se respecten os salarios correspondentes á cualificación profesional, á duración e as condicións de xornada dos contratos, que
están rexidas polos convenios”.

Os 58 concellos –todos agás Valga, que non presentou solicitudes a esta liña– recibiron achegas para a contratación de 32 especialidades laborais, “o que demostra que é unha liña flexible na que cada concello solicita o que decide” e, como conclusión, salientou que “cada vez dedícanse máis recursos á prestación de servizos”.

DepoRemse e Plan de Reequilibrio

No Plan DepoRemse, pensado para actuacións de mellora da accesibilidade, urbanizacións, reurbanizacións, peonalizacións, proxectos para mellorar a seguridade viaria e iniciativas de mobilidade, “as obras están todas xa practicamente rematadas. Dos 31 proxectos rematáronse 19, 10 están en execución, 1 en fase de contratación (Cangas) e outra pendente de iniciar o expediente de contratación (Meaño)”.

Fixéronse melloras da mobilidade e accesibilidade na Avenida Urbana de Sabarís en Baiona (290.000 €), o proxecto supramunicipal de Cangas e Moaña de interconexión dos seus centros urbanos (710.000 €), mellora da mobilidade nos accesos ao CEIP, residencia da terceira idade e centro de saúde de Crecente (450.000 €), mellora da accesibilidade do colexio Rosalía de Castro do Grove (380.000 €), mobilidade na rúa Vigo e Celta da Guarda (500.000 €), mellora na contorna do centro urbano de Mondariz (215.000 €), actuación na contorna dos centros de elevada atracción da Seara en Poio (500.000 €), mellora da mobilidade nas rúas do Castro e Infesta de Pontecesures (241.000 €), mellora da mobilidade na
rúa Doantes de Sangue do Porriño (424.000 €), actuación na contorna do centro de saúde e de maiores de Silleda (450.000 €), mellora da mobilidade na Praza do Seixo en Tomiño (500.000 €), proxecto na contorna do CEIP, gardería e polideportivo de Vila de Cruces (435.000 €) e mellora na contorna do recinto de Fexdega en Vilagarcía (310.000 €).

Seguridade viaria

En canto a proxectos de seguridade viaria destacan distintos lugares de Barro (70.000 €), na contorna do CPI da Cañiza (100.000 €), en vías de Catoira (435.000 €), en Covelo (86.000 €), na rúa Rosalía de Castro e contorna das Neves (328.000 €), nos accesos á gardería, colexio e pavillón de Ribadumia (168.000 €), en vías de Salvaterra de Miño (170.000 €) e no núcleo da Torre en Tui ( 425.000).

Reurbanizacións e peonalizacións

DepoRemse dotou de reurbanizacións á rúa da Pedra en Bueu (350.000 €), na contorna da piscina e do centro deportivo de Ponteareas (máis de 420.000 €) e no antigo campo da feira da Devesa en Salceda (470.000 €).

Houbo tamén peonalizacións en Campo Lameiro entre a Casa Consistorial e a Chanciña (350.000 €). Finalmente, acometéronse remodelacións: no polígono industrial de Cuntis (500.000 €), na Praza da Igrexa de Fornelos (450.000 €), na contorna do centro de saúde da Illa (450.000 €) e na contorna dos centros educativos de Dena en Meaño (270.000€)

Plan Reequilibrio

Por último, a presidenta da Deputación fixo un resumo das iniciativas postas en marcha cos fondos do Plan de Reequilibrio, “previsto para a realización de equipamentos culturais, infraestruturas deportivas ou tamén reformas urbanas.

A institución aprobou achegas “situadas entre os 120.000 e os 1,5 millóns de € cos que poder financiar obras moi importantes que están a transformar os concellos da provincia”.

Para equipamentos culturais puxéronse en marcha recursos para o Centro Torres do Oeste en Catoira (preto de 500.000 €), a Escola de Música de Caldas (800.000 €), o Auditorio do Grove (1,5 millóns), a biblioteca de Nigrán (1,5 millóns de €), a ampliación do Centro Cultural de Rubiós As Neves (400.000 €) e a rehabilitación do antigo mercado para convertelo nun edificio socio-cultural en Moraña (700.000 €).

Para dotacións sociosanitarias, o Centro de estancia en Campo Lameiro (400.000 €). No apartado de infraestruturas deportivas recibiron achegas a piscina de Outeiro en Barro (300.000 €), a remodelación do club de piragüismo de Vilaboa (120.000 €), o polideportivo de Crecente (370.000 €), o ximnasio de Forcarei (312.000 €), a remodelación en Silleda do campo da Gandareira (700.000 €), módulo de atletismo do Porriño (800.000 €), ximnasio e pista de pádel de Fornelos (550.000 €), os campos municipais de fútbol da Lagoa en Mondariz (420.000 €), a piscina de Bueu (1,5 millóns de €), a remodelación do campo de fútbol de Arcade en Soutomaior
(280.000 €)
e a mellora do pavillón polideportivo e ximnasio de Rodeiro (350.000 €).

Por último, no apartado de humanizacións e reformas urbanas, financiáronse a humanización da Praza de España de Ponte Caldelas (300.000 €), a rehabilitación das vivendas modernistas da Illa (1,5 millóns de €), a urbanización do parque central da Cañiza (300.000 €), a humanización da praza de Barciademera en Covelo (300.000 €), a reforma da praza de España do Mosteiro en Meis (240.000 €), a reforma da
praza da Paradela de Gondomar (640.000 €) e a recuperación do espazo público de Pontecesures cara á ría (360.000 €).

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.