Ciencia y Tecnología Galicia

Sanidade estende a campaña de vacinación contra a gripe ata o 16 de xaneiro

A incidencia da enfermidade este ano en Galicia é máis baixa que nos anteriores

O pico da gripe chegará a Galicia entre o 26 de novembro e o 10 de decembro

A Dirección Xeral de Saúde Pública  vén de acordar a prorroga da campaña de vacinación contra a gripe 2020. A mesma se estenderá até o 16 de xaneiro de 2021, ou até esgotar as doses, co obxectivo de que se poidan vacinar contra esta infección todas aquelas persoas que aínda non o fixeron.

A campaña achégase ao 75% de cobertura

A campaña de vacinación antigripal deste ano, segundo sinala o SERGAS, «xa superou moitos dos obxectivos fixados para o exercicio 2020». Así, os datos actuais reflicten que o 76,32% do persoal sanitario xa se vacinou, resaltando o persoal médico co 77%, e o de enfermaría co 75,78%.

No que atinxe as mulleres embarazadas, xa se superou o obxectivo fixado para esta campaña ao acadar o 63,66%. Ademais, e respecto das persoas de 65 ou máis anos, na actualidade xa se vacinou o 71,38%. «Neste último caso, cómpre subliñar que se incrementou en 11 puntos a cobertura respecto da campaña do ano pasado, acercándonos ao 75% marcado como obxectivo»

Protexerse fronte a gripe este ano ten unha especial relevancia debido a crise sanitaria provocada pola pandemia do virus Sars-Cov-2. Porén, e tendo en conta que en Galicia aínda non se detectaron virus gripais, e que no noso entorno a actividade gripal é moi baixa, Sanidade anima a poboación a vacinarse fronte a gripe nas vindeiras semanas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.