Comarcas

O PP de Redondela responsabiliza á alcaldesa do impago das axudas COVID

A súa voceira, Mari Carmen Amoedo, lembra que levan tramitándose dende xullo e sinala a Digna Rivas como éxclusiva responsable desta situación

O Grupo Municipal do Partido Popular non entende como a apenas 48 horas para rematar este ano o Concello segue sen ingresar as axudas COVID destinadas a persoas en risco de exclusión e a autónomos e pemes.

«Dende o PP instamos xa en varias ocasións -a última no pasado Pleno da Corporación do día 22- ás concellerias de Servizos Sociais, Digna Rivas, e a de Facenda, María Castro, para que resolvan dunha vez a convocatoria de subvencións para autónomos e pemes» que, lembra Mari Carmen Amoedo, voceira do Grupo Municipal Popular, levan tramitándose 5 meses sen que haxa unha solución.

Veciños en situación de vulnerabilidade e risco de exclusión

Para Amoedo é máis grave o feito de que a alcaldesa non teña resolto e dado orde de ingreso das achegas destinadas a persoas vulnerables e en risco de exclusión social. Moitas delas atópanse nunha situación extrema, «coma coñece a señora Rivas», e aínda non contan cunha axuda que é vital.

Responsabilidade «única e exclusiva» de Digna Rivas

Para a voceira municipal do Partido Popular, o feito de que estas cantidades non fosen pagadas aínda «débese única e exclusivamente á falla de xestión de Digna Rivas, máxima responsable da acción do Goberno municipal e do funcionamento diario da Concellería de Servizos Sociais.»

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.