Vigo al minuto

María Bello, primeira persoa vacinada na Área de Vigo fronte á COVID

Ao logo dunha semana a vacina chegará a 1.988 persoas en residencias e centros sociosanitarios

María Bello, de 83 anos, que vive na Residencia Santa Ana de Ponteareas foi a primeira persoa en vacinarse fronte a Covid19 na Área Sanitaria de Vigo. En segundo lugar o fixo Abilio Rama, de 83 anos. Ambos mostraron o seu nerviosismo e emoción neste dia tan especial.

María Bello, de 83 anos, vive na residencia Santa Ana de Ponteareas

54 persoas vacinadas este martes 1.988 ao longo da primeira semana

En total, hoxe vacináronse 54 persoas desta residencia, entre usuarios e traballadores.

A programación inicial para esta primeira semana, que podería estar suxeita a cambios, prevé a vacinación de 1.988 persoas de residencias e centros sociosanitarios da área viguesa. Así, un total de 18 profesionais de enfermaría achegaranse a estos centros para inmunizar a estes colectivos.

Maña, mércores día 30, se vacinará a 495 persoas das Residencia de Maiores DomusVi Bembrive e a de Santa Marta.

O xoves 31 tocaralle a quenda a 765 persoas das seguintes Residencias: María Inmaculada;  a Episcopal; El Rocío; Albi-Beade; a de Atención Integral APAMP; Bo día de Castrelos; Mi Casa de Pazos de Borbén; Stella Maris de Nigrán; e Vivendas comunitarias Virgen del Rocío de Redondela.

O día 4 de xaneiro os equipos do Sergas vacinarán a 728 persoas, da Residencia de Sanitas de Vigo; do Centro Residencial e da Residencia Siempre Cuidándote de Tomiño; San Rosendo de Patos; San Telmo de Tui; Santa Teresa e Nuestra Señora del Rosario  de A Cañiza; e Virgen de Guadalupe e Fogar Residencial Alondra de Mos

También te puede interesar