Destacados

Feijóo asegura que a Xunta xa pagou o 70% das axudas a autónomos e hostaleiros

O presidente afirma que ata hoxe xa se entregaron 53,3 millóns de euros

A Xunta abonou máis do 68,3% das axudas pola COVID a autónomos, hostaleiros e microempresas. O restante – un 32,7%- estará pagado en xaneiro.

86,2 millóns en total

Iso asegurou hoxe o presidente Feijóo, logo da derradeira reunión do seu goberno este ano. O xefe do Executivo galego subliñou que hai 86,2 millóns para estas axudas e que xa se abonaron 53,3 millóns de euros.

O presidente dixo que recibíronse 40.147 solicitudes desde a publicación da convocatoria de axudas e que tramitáronse todas elas, “o 100%”. Máis polo miúdo, informou de que un 16% denegáronse por débedas coa Seguridade Social ou por incumprir distintas condicións.

También te puede interesar