A Entidade Urbanística de Conservación da Granxa culpa á Alcaldía do Porriño do abandono do parque empresarial por parte do Concello.
Queixas constantes
Segundo a Entidade, as queixas e protestas de traballadores, empresas e usuarios das infraestruturas municipais son constantes. Ademáis, denuncian a situación na que se atopa o vial municipal na rotonda de máis tránsito do polígono, a situada entre Área Comercial e Área Loxística. A mesma, advirten, está cheo de fochancas “que a Alcaldía se nega constantemente a reparar a pesar de que, o pasado mes de setembro, comunicou á Entidade que se asfaltaría de maneira inmediata e que ademais xa existía unha adxudicataria desa mellora que era a empresa Covsa”.
Nulo mantemento da rede municipal contra incendios
Por outra banda, desde a EUC A Granxa fan saber que aínda que se solicitou ao goberno local de Porriño que “non prosiga a gravísima inacción no que concierne ao mantemento da rede municipal contra incendios, esta continúa causando gravísimos prexuízos ás galerías de servizos do polígono polas constantes roturas de tubaxes municipais que se atopan oxidadas e en moi mal estado”.
“Inacción e desidia da alcaldesa”
Os empresarios sinalan a “inacción e desidia da alcaldesa de Porriño para co polígono”, é no feito de que “leva anos sen construír nin unha soa das rotondas solicitadas e que tan necesarias son en cruces de alta densidade de tráfico, agravándose o problema desde a entrada en funcionamento e apertura do PPI6 sector 2″.
Sen limpeza e mantemento de zonas verdes
Polo que se refire ao mantemento de zonas verdes e limpeza do chan municipal e rede de pluviais denuncian que “desde o 1 de abril de 2017 non se licita o servizo, non se elabora un prego e non hai un adxudicatario que garanta o que este servizo tan necesario se preste”.
Abandono das beirarrúas
“De igual modo”,subliñan, “non hai un mantemento efectivo das beirarrúas municipais polo que os empresarios da Granxa solicitan, publicamente á alcaldesa de Porriño, que non se limite a efectuar anuncios que nunca se concretan e que empezo a cumprir coa súa responsabilidade empezando a desenvolver unha xestión que estea á altura do moito que o tecido produtivo achega ao municipio a través do pago de impostos e da creación de emprego”.