Destacados Vigo al minuto

Asinados 197 contratos de reforzo para afrontar a COVID na Área de Vigo

Súmanse aos profesioanis que aprobaron as últimas oposicións e aos incorporados polo Plan de Continxencia contra a pandemia

A Área sanitaria de Vigo, dacordo co pactado na mesa sectorial, e dentro do Plan de Continxencia pola COVID, realizou este mes de decembro 197 nomeamentos, cunha duración inicial de 6 meses, en distintas categorías profesionais.

Este reforzo de emerxencia sanitaria, tanto no ámbito de Atención Primaria como hospitalaria, concrétanse en 102 nomeamentos de enfermeiras/os, 53 de Técnicos en Coidados de Enfermaría, 9 de Técnicos especialistas e 33 de distintas categorías de persoal non sanitario.

Os mesmos, sinalan dende a Xerencia da Área Sanitaria, “permitirán encargarse das necesidades de persoal que se produzan para a atención directamente vinculada á causa de emerxencia sanitaria Covid-19”, coma cobertura de ausencias, reforzo de Unidades ou novas Unidades vinculadas a Covid19,l entre outras.

221 persoas que aprobaron as oposicións

Este reforzo súmase á incorporación dos profesionais que aprobaron a Oferta Pública de Emprego (OPE) en setembro. Trátase de 67 celadores, 32 auxiliares administrativos e 122 enfermeiras.

256 nomeamentos de ‘longa duración’

Ademáis, executouse o Concurso de traslados e continuouse cun “proceso de estabilización, realizando interinidades e nomeamentos de longa duración a 256 profesionais en Atención Primaria e hospitalaria”.

Neste senso, cubríronse 236 prazas do cadro de persoal mediante nomeamento de interinidade

81 profesionais en Atención Primaria e 155 en Atención Hospitalaria

En concreto, apuntan dende o Servizo Galego de Saúde, estabilizouse a 81 profesionais de distintas categorías profesionais para a Atención Primaria (entre eles a 23 médicos de familia, 10 pediatras, 2 odontólogos, 29 enfermeiras/os e 10 prazas de persoal de servizos xerais) e 155 profesionais para os hospitais (12 médicos, 53 enfermeiras/os, 50 Técnicos en Coidados de Enfermeria, 3 fisioterapeutas, 4 matronas, 12 técnicos superiores e 21 profesionais de categorías non sanitarias) .

20 nomeamentos de continuidade

A esta estabilización de profesionais, súmanse, engaden dende o Sergas, as vinculacións realizadas ao amparo do Acordo adoptado pola Comisión de Seguimento do Acordo de nomeamento estatutario eventual de continuidade, asinado entre a Administración e certas centrais sindicais.

Con o Acordo, trátase de dar continuidade na prestación de servizos aos profesionais, de xeito que realizáronse 20 nomeamentos de continuidade de enfemeiros/as, dunha duración de 12 meses, para prestar asistencia ás áreas funcionais vinculadas coa emerxencia sanitaria, que permiten atender tanto a necesidade de reforzo e emerxencias provocadas pola Covid-19 como a cobertura das ausencias de persoal .

También te puede interesar