A Xunta de Galicia vén de iniciar as obras do novo treito da autovía Tui-A Guarda, entre o enlace do polígono de Areas e a PO-350, que discorrerá por Tui e Tomiño. María Martínez Allegue, conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, visitou o inicio dos traballos, nos que a Administración autonómica inviste 17,8 millóns de euros e que teñen un prazo de execución de 24 meses.
A conselleira destacou que co arranque desta obra dáse outro paso para seguir avanzando nesta estrada AG-42: o tramo de actuación suma 3,2 quilómetros que dan continuidade ao treito de conexión da A-55 co polígono de Areas posto en servizo o pasado ano. Cada unha das calzadas terá 2 carrís de 3,5 m ancho, e a autovía contará con amplas beiravías tanto no exterior como no interior.
Ademais, entre outras actuacións, melloraranse camiños de servizo en Tomiño, ampliarase a ponte de pedra na PO-350, moi próxima ao enlace da autovía, que a día de hoxe non permite que se crucen dous vehículos pesados. E duplicarase o paso inferior de acceso ao polígono de Areas. “Polo tanto -afirmou Allegue-, este treito é clave tamén para facilitar o acceso e a mobilidade neste polígono, un enclave empresarial estratéxico”.
Tamén en vigoalminuto
- Redondela estrea unha pasarela sobre o río Maceiras para conectar Vilavella co centro a péA estrutura de madeira une o aparcadoiro disuasorio co paseo fluvial e custou 24.254€, financiados con fondos da Deputación de Pontevedra
- De teatro y rock a pinchos, pompas de jabón y Pan do Porriño: planes para este sábadoCon conciertos gratuitos, gastronomía y propuestas solidarias
- Luisa Sánchez pide a Caballero que baje los impuestos tras tres años de subidas y 150 millones sin gastarReclama reducir el IBI, el de circulación y el IAE
A conselleira subliñou que a autovía estase a executar “cunha planificación realista, por fases, que estamos a materializar”, avanzando de acordo a ese plan e ao trazado deseñado, dialogado cos principais axentes institucionais e económicos implicados.



