RGPD - Cookies
Comarcas Vigo al día

A Guarda e Vigo, mellor comunicados por bus e a un prezo máis baixo

«Ten mellor comunicación coa Universidade, os hospitais e unha liña circular co Rosal»

A empresa Lugove foi a adxudicataria do novo contrato de transportes licitado pola Xunta de Galicia para o Baixo Miño dentro do ‘Plan de Transporte Público de Galicia’.

Mellor comunicación coa Universidade, os hospitais e unha liña circular co Rosal

Segundo salientan dende o Concello da Guarda, neste novo contrato hai algúns cambios importantes, como «unha mellor comunicación co CUVI e os hospitais  ou unha liña circular entre O A Guarda e O Rosal». Ademais destas melloras haberá unha «redución das tarifas para aquelas persoas que utilicen a tarxeta prepago de transporte e para a xente moza».

Nos itinerarios publicados pola Xunta hai un erro referido a A Guarda que se corrixirá nos próximos días. A parada A Guarda (Concepción Arenal, 87) non existe, e hai que substituíla por Rosalía de Castro s/n (Centro Cultural).

Toda a información dispoñible sobre novo plan de transporte, incluídos itinerarios, paradas e horarios pode consultarse na web www.bus.gal. Ademais a empresa dispón dunha páxina web na que publicará os horarios www.lugove.gal.

También te puede interesar