Galicia Vigo al minuto

O BNG pide que os plenos do Concello de Vigo deixen de ser «clandestinos»

Pide que se emitan dende a portada da web municipal ou que non se borren os vídeos dos xa celebrados

O Bloque Nacionalista Galego demandou hoxe que os plenos do Concello abandonen a «clandestinidade» e propón varias medidas para aumentar a «transparencia» no funcionamento do máximo organismo democrático da cidade.

O concelleiro do BNG, Xabier P. Igrexas, considera «inxustificábel» que a emisión en liña se faga sen apenas difusión e sen facilitar o seu acceso ao conxunto da veciñanza, en contraste coa ampla cobertura que se lle deu desde medios municipais a eventos como acendido do alumeado  de Nadal. 

Aliás, denunciou que os vídeos se retiren ao pouco de remataren as sesións plenarias. «É absurdo que as viguesas e os vigueses poidamos ver calquera pleno ou comisión celebrada no Parlamento galego ou no Congreso, pero non os plenos do Concello», criticou.

Igrexas cuestionou que motivos levan o Goberno municipal a promover esta opacidade. «De que ten medo Abel Caballero? Que é o que quere que as viguesas e o vigueses non poidan ver nin escoitar?«, preguntouse.

O portavoz do Bloque defendeu, por contra, a importancia de que a veciñanza «poida coñecer de primeira man as posicións e propostas de todas as forzas políticas con representación do Pleno» fronte o afán do rexedor por «monopolizar o discurso e silenciar a pluralidade».

Emisión dende a web do Concello, como o encendido das luces de Nadal

Por todas estas razóns, o BNG pide que a emisión en liña (streaming) dos Plenos se faga tamén desde a portada da web municipal, «como si se fixo co acto de encendido do alumeado de Nadal«

Que a convocatoria de cada Pleno e a súa orde do día se publicite de maneira activa e visíbel en todas as canles do Concello. Para que saber cando se reúne e para que «non obrigue a navegar e rebuscar dentro da web do Concello».

Que non se eliminen os vídeos dos plenos

O Bloque pide, ademáis, que non se eliminen, «como se fixo até o de agora» os vídeos dos plenos xa celebrados e que poidan verse en calquera momento pola veciñanza, como se fai no Parlamento galego, no Congreso ou noutros concellos.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.