Galicia

Escritores, músicos e actores súmanse á campaña por uns Servizos de Axuda no Fogar “públicos e de calidade”

A Plataforma SAF Galiza denuncia as carencias deste servizo

A Plataforma dos Servizos de Axuda no Fogar (Saf Galiza) vén de impulsar unha campaña de visibilización das súas carencias, co apoio de personas coñecidas do mundo da Cultura, “persoas comprometidas as cales tamén están a pasar por momentos moi duros no seu sector”.

Carencia de material de protección axeitado dende o comezo da pandemia

Esta campaña pretende denunciar a carencia de protocolos e material de protección adecuado, como Equipos de Protección Individual (EPI), luvas ou máscaras de calidade, que padecen as traballadoras do SAF desde que deu comezo a emerxencia sanitaria.

Esta falta de equipos axeitados para a realización das tarefas pon en risco a saúde dos usuarios e usuarias do servizo, mais tamén a das propias traballadoras cando entran nos domicilios particulares”.

De Carlos Blanco a Mabel Rivera, pasando por Chus Pato ou Roberto Leal

Co ‘hashtag’ #CULTURAEDEPENDENCIA XUNT@S escritores, actores, músicos ou poetas, están apoiando activamente este campaña coa súa presenza e os seus mensaxes de reivindicación, de ánimo e de esixencia duns servizos sociosanitarios públicos e de calidade.

También te puede interesar