Ciencia y Tecnología Galicia

Os estudantes galegos que volven a casa poden solicitar dende o luns un test PCR

A Xunta abre un rexistro para que aqueles que o desexen poidan anotarse

Repunte de contagios en Vigo con 125 positivos en un solo día

O conselleiro de Sanidade informou de que este luns a Xunta abrirá o un rexistro para que os estudantes galegos que volvan polo Nadal fagan unha proba PCR.

Preocupación pola evolución da COVID a poucos días do Nadal

Durante unha entrevista concedida á Radio Galega, Julio García Comesaña amosouse preocupado polo evolución da COVID en Galicia. Neste sentido advertiu de que nos últimos días houbo unha “ruptura da tendencia á diminución”. Precisamente aquela baixada dora o que decidiu á Xunta a iniciar a ‘desescalada’ nas medidas tomadas en relación coa hostalaría.

Preguntado sobre os motivos deste cambio de tendencia en toda Galicia, o conselleiro non quixo sinalar un específico, “non hai unha causa en concreto, se a houbese, sería máis fácil”, concluiu.

También te puede interesar