Galicia Vigo al minuto

7.000 veciños de Chapela, Cangas e Gondomar citados para realizarlles PCRs

3.000 persoas de Cangas, 2.500 de Gondomar e 1.600 de Chapela

Prueba PCR Área Sanitaria de Vigo

A Área Sanitaria de Vigo continúa cos ‘cribados masivos’ con PCR, a persoas asintomáticas. Neste contexto, nos próximos catro días vaise estender estes cribados a 7.100 persoas dos concellos de Gondomar (2.500), Cangas (3.000) e continuarase tamén co de  Redondela, en concreto coa parroquia de Chapela (1.600).

Os veciños de Gondomar e Chapela no Meixoeiro e os de Cangas no Pavillón de Rodeira

Invítaseás persoas seleccionadas dos Concellos de Gondomar a realizarse a proba no Covid-Auto do Meixoeiro os próximos xoves e venres. Os da parroquia de Chapela  están citados o sábado, tamén no Meixoeiro.

A poboación de Cangas pasará as probas o domingo no Pavillón de Rodeira. Alí 9 profesionais sanitarios realizarán unha toma de mostras nasofarínxeas. 

En Cangas, o Concello realizou unha selección previa daqueles colectivos cun maior risco de contaxio de Covid-19 pola súa dedicación a unha actividade profesional ou social vinculada a traballos que esixen dun alto nivel de interrelacións persoais: comerciantes, taxistas, hostaleiros, usuarios de axuda no Fogar, e deportistas.

O obxectivo é captar ao maior número de persoas que estean infectadas pero que non presenten síntomas, xa que supoñen un gran risco para a saúde pública.

Participación voluntaria

A Área Sanitaria oferta participar neste cribado a unha porcentaxe da poboación no rango de idade entre 18 e 60 anos.

O Sergas contacta coa e as invita a realizarse a proba diagnóstica PCR. A súa participación é completamente voluntaria. Se deciden aceptar, se lles facilita unha cita -con dia e hora- para achegarse ao dispositivo sanitario habilitado, no que se lle tomará unha mostra nasofarínxea para o seu procesamento.

También te puede interesar