Galicia

A Mesa lanza un catálogo con centos de propostas de compras e agasallos de Nadal en galego

Distribuirao de xeito gratuíto por todo o país e xa está dispoñíbel tamén na web da entidade

Libros, discos, cadernos e elementos decorativos, xogos, roupa, complementos, experiencias, alimentos… A Mesa pola Normalización Lingüística vén de lanzar a través da súa páxina web un extenso catálogo -que tamén se repartirá impreso, de xeito gratuíto, nas tendas de Abertos ao Galego de todo o país- con centos de propostas de compras e agasallos de Nadal en galego.

Recoñecer ás empresas que empregan o Galego

«Consideramos importante recoñecer as empresas que empregan con normalidade o galego no ámbito socioeconómico«, afirma o presidente da Mesa, Marcos Maceira, e recorda que «coa decisión de facermos presentes en galego como consumidoras e consumidores estamos a pór en valor a nosa lingua, a nosa cultura e tamén a nosa economía».

Abertos ao galego

O catálogo forma parte do proxecto Abertos ao Galego, que certifica o compromiso coa normalización da nosa lingua de empresas, comercios, asociacións e entidades de toda índole. Desde o cumprimento da lexislación lingüística e o estabelecemento de medidas concretas para o uso do galego,  até o uso sistemático do galego tanto interna como externamente e a solicitude de información e documentación en galego a provedores e administracións.

«Todas as decisións que tomamos como consumidores e consumidoras teñen implicacións», afirma Maceira, «non ten as mesmas repercusións económicas, laborais ou ecolóxicas comprar un iogur fabricado en Francia que en Galiza, do mesmo xeito que non é o mesmo ter contratada unha empresa de telefonía que emprega persoas que poden atender a clientela en galego ou unha que non dá o seu servizo na nosa lingua».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.