RGPD - Cookies
Galicia Sucesos

Nova fin de semana sen mortes nas estradas de Galicia

60 persoas resultaron feridas en 48 accidentes de tráfico

Accidente de tráfico en una carretera de Galicia

O persoal do 061 asistiu durante a fin de semana a 60 persoas debido a 48 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 15:00 horas do venres, 11 e as 23: 59 horas deste domingo, día 13.

A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 58 chamadas en relación cos accidentes de tráfico.

Os recursos sanitarios mobilizados foron 61. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en oito accidentes, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 44 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria, prestaron asistencia sanitaria en seis accidentes.

En 49 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en 11 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.

También te puede interesar