Ciencia y Tecnología Destacados

París 5 anos despois, “ante a inacción Mobilización”

Coincidindo co quinto aniversario da firma do Acordo de París, a plataforma Rebelión polo Clima mobilizouse saindo ás rúas de Vigo para frear a crise ecosocial

Coincidindo co quinto aniversario da firma do Acordo de París, a plataforma Rebelión polo Clima mobilizouse saindo ás rúas de Vigo para frear a crise ecosocial. Tamen se desenvoveron accións en Pontevedra, Vilagarcía e Compostela así como en moitas cidades do resto do estado.

Rebelión polo Clima é unha plataforma de acción fronte a crise climática e ecolóxica integrada por Ecoloxistas en Acción, Amigos da Terra, CGT, Enxeñería Sen Fronteiras, XR, Xuventude polo Clima, Plataforma por un Novo Modelo Enerxético, Greenpeace, EcoAcc e Ecoar.

Sin accións gubernamentais fronte á emerxencia climática

As organizacións ecoloxistas advirten que o tempo de esperar accións gobernamentais ambiciosas ante a emerxencia climática esgotouse. Por iso sinalan que se necesíta unha maioría social global capaz de desafiar o poder da industria fósil e apostar por unha transición xusta cara a un modelo económico que respecte os límites  biofísicos do planeta.

Acción levada a cabo diante da Xunta en Vigo

O Goberno español aposta por unha reducción do 20% das emisións de gases de efecto invernadoiro, moi lonxe do 55% sinalado pola comunidade científica

Cinco anos despois da sinatura do Acordo de París

Despois de cinco anos desde a firma do Acordo de París os gobernos e institucións fallaron á hora de implementar as medidas necesarias para manter un incremento da temperatura global por baixo de 1.5 grados.

Esta realidade non é allea ao Goberno español. A pesar de que en 2019 a comunidade internacional e científica advertiu da necesidade de reducir as emisións globais de gases de efecto invernadoiro (GEI) nunha orde superior ao 7,6% anual, o Estado español queda moi lonxe desta cifra. En lugar de apostar por unha meta de redución de emisións GEI superior ao 55% en 2030 con respecto a 1990 -na liña das indicacións científicas- a proposta lexislativa limítase a unha escasa redución do 20%.

“Se seguimos delegando a toma de accións nos Gobernos, a crise climática será incontrolable nos próximos anos”

Camiño a unha degradación das condicións de vida da poboación

“Se seguimos delegando a toma de accións nos Gobernos, a crise climática será incontrolable nos próximos anos e provocará unha degradación sen precedentes nas condicións de vida de toda a poboación, especialmente nas persoas máis empobrecidas dos países do Sur Global”

En Europa, a rexión mediterránea será unha das máis afectadas. “A industria fósil -baseada nunha lóxica de crecemento ilimitado dos seus beneficios- foi responsable do incremento das emisións  GEI”.

Os gobernos, advirten dende Rebelión polo Clima, cederon ás súas presións ao longo dos anos, “antepoñendo as necesidades desta industria ao benestar da cidadanía”. Hoxe, nun contexto pandemia global sen precedentes, esas mesmas empresas tentan absorber os fondos destinados á recuperación económica ante a crise xerada pola  COVID, “sen ningún tipo de compromiso climático, ambiental ou social”. De ser así, os gobernos e empresas “estarán a perpetuar o mesmo modelo depredador que nos abocou á emerxencia climática que vivimos”.

“Por todo iso, a sociedade civil vese obrigada a dar un paso á fronte co obxectivo de reducir drasticamente as emisións GEI e construír outro modelo máis sostible e resiliente”.  

También te puede interesar