Destacados Vigo al minuto

Denuncian que o Concello e Vitrasa negan a tarxeta social ás persoas que cobran o Ingreso Mínimo Vital

Quen cobra a RISGA ou ten unha pensión con contributiva sí pode acceder a ela

A Oficina de Dereitos Sociais de Coia (ODS) denuncia que logo de seis meses de Ingreso Mínimo Vital (IMV) e o Concello de Vigo «aínda non foi quen de garantir que as beneficiarias desta renda accedan á tarxeta social de Vitrasa».

Risga e Pensións non contributivas, sí, Ingreso Mínimo Vital, non

Neste intre, engaden os seus responsábeis, quen cobra a Renda de Inserción Social de Galicia (RISGA) ou unha Pensión Non Contributiva (PNC) pode acceder á tarxeta social, mentres que as -escasas- beneficiarias do Ingreso Mínimo Vital teñen que pagar o transporte público.

Montar nun vitrasa custa 1’35€ por viaxe, 0’89€ para quen teña a passvigo. Existen bonificacións para algúns colectivos: universitarias (0’67€), estudantes (0’87€), perceptoras de subsidios por desemprego ou RAI (0’69€). As pensionistas non pagan.

Dentro do colectivo de pensionistas atopamos ás perceptoras da RISGA, así como ás beneficiarias da extinta prestación por filla á cargo da Seguridade Social que desapareceu coa chegada do IMV. Para acceder a tarxeta social as solicitantes teñen que acudir ás instalacións de Vitrasa ou á casa do Concello e presentar a documentación requirida. Cada ano teñen que renovar a tarxeta entregando os documentos pertinentes.

Atrancos dende a aprobación da Renda Mínima Vital

O rebumbio no lanzamento do IMV. indican dende a Oficina de Dereitos Sociais, «deu paso a unha chea de atrancos que apagaron as boas expectativas iniciais: demoras, denegacións, silencio administrativo, requirimentos incomprensibles, etc».

O Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) recoñecía que 7.210 fogares galegos percibían o IMV, no mes de outubro, dos cales 2.278 estaban na provincia de Pontevedra. «Tirando polo alto, ao redor de 2.000 beneficiarias viven en Vigo e non poden acceder á tarxeta social do autobús por mor da desidia, desinterese ou xa non sabemos como tachar a postura do goberno municipal».

Urxencia de prorrogar a concesión a Vitrasa

A inacción do goberno de Caballero neste asunto choca co apuro que tivo para prorrogar a concesión do transporte durante cinco anos máis a Vitrasa. «Á calada e sen elaborar un novo prego que dera solución ás moitas eivas do transporte público».

«Cidade ‘friendly para os negocios dos grandes capitais»

«Non esquecemos que quen enche a boca falando de «Vigo» está a convertela nunha cidade «friendly» para os negocios dos grandes capitais. Aqualia FCC enche os petos coa auga de todas; Servisar (do grupo Domusvi) xestiona o servizo de axuda no fogar e MOBILITY ADO xestiona o transporte público. Coller os orzamentos municipais é atopar unha relación de contratos con empresas transnacionais coas súas gadoupas en todas as concellerías».

Modificación da ordenanza de transportes

A Oficina de Dereitos Sociais de reclama a «urxente» modificación da ordenanza. «Esiximos que as beneficiarias do IMV poidan acceder á tarxeta gratuíta de autobús. Aproveitamos para reclamar que «quen non ten, non paga». Reclamamos que este lema fágase extensivo a todas as políticas municipais: actividades deportivas, taxas, servizos…»

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.