'Qué te cuentas?' Destacados

A contaminación do aire en Vigo caeu un 48% entre marzo e outubro

Logo do primeiro ‘Estado de Alarma’, Vigo presentou maior tendencia ao aumento da contaminación

Despediremos 2023 sin lluvia y con 15 grados

Segundo un informe elaborado por Ecoloxistas en Acción, a contaminación do aire urbano en Galicia caeu un 47,5% entre marzo e outubro.

48% menos de NO2 (dióxido de nitrógeno) en Vigo

Entre as súas principais conclusións o estudo salienta que os niveis de contaminación atmosférica por NO2 en A Coruña e Vigo baixaron o 47,5% entre marzo e outubro de 2020, en comparación coa media dos meses equivalentes na década anterior (2010 a 2019).

A  baixada foi case a mesma: -47% na Coruña e –48% en Vigo. O descenso medio en todas as cidades españolas estudadas foi do 38%, situándose as cidades da Coruña e Vigo entre aquelas nas que se rexistraron maiores caídas.

Primeiro ‘Estado de Alarma’

Após a declaración do primeiro ‘Estado de Alarma’, o 14 de marzo, produciuse unha redución drástica dos niveis de contaminación atmosférica por NO2 nas dúas principais cidades galegas. O descenso entre o 14 de marzo e o  20 de xuño atinxiu o 52,5 % con respecto ao mesmo período da última década, sendo practicamente o mesmo na Coruña (-52%) e en Vigo (-53%). 

Os niveis de NO2 rexistrados durante o primeiro estado de alarma son os máis baixos para os meses de marzo, abril, maio e xuño da última década en todas as cidades españolas analizadas. Mantéñense ademais moi por debaixo do valor límite legal.

Repunta a contaminación

Co remate do primeiro estado de alarma comezou a repuntar a contaminación do aire urbano nas dúas maiores cidades galegas. Así, durante o verán a baixada foi nove puntos menor, sendo novamente moi similar na Coruña (-44%) e en Vigo (-43%).

Maior tendencia ao aumento da contaminación en Vigo

A redución total da contaminación en setembro e outubro é do 36,5% a respecto da década anterior, mais neste período si se observan diferenzas importantes nas dúas cidades galegas analizadas. Mentres que na Coruña a diminución foi do 42%, só dous puntos inferior á do verán, en Vigo baixou até o 31%, 12 puntos menos que no verán. Polo tanto, a tendencia ao aumento da contaminación está a ser maior en Vigo que na Coruña.

Dióxido de nitróxeno

O dióxido de nitróxeno (NO2) é o contaminante típico emitido polos tubos de escape dos automóbeis (ademais de polas caldeiras industriais e domésticas), polo que a súa evolución está directamente ligada ás emisións do tráfico motorizado. É esta a súa principal fonte nas cidades e o principal factor que inflúe na calidade do aire urbano.

Ao redor de 6.000 mortes prematuras cada ano

O NO2 é un gas irritante que agrava as doenzas respiratorias e mingua a resistencia ás infeccións. Ademais estímase que cada ano causa arredor de 6.000 mortes prematuras no Estado español,  segundo o Instituto de Saúde Carlos III e a Axencia Europea de Medio Ambiente (datos do último ano dispoñíbel, 2018).

A crise da COVID-19 demostra que a diminución estrutural do tráfico motorizado e as mudanzas nas pautas de mobilidade son a mellor ferramenta para rebaixarmos a contaminación do aire nas cidades.

Potenciar a mobilidade peonil, ciclista e o transporte colectivo

 O final do período máis agudo da crise non debería conducir a unha volta aos excesivos niveis de tráfico automobilístico previos á crise da COVID-19.

Ecoloxistas en Acción alertan de que para non regresarmos axiña a padróns de mobilidade urbana “altamente insustentábeis e nocivos para a nosa saúde”, cómpre potenciar de xeito moito máis decidido a mobilidade peonil e ciclista e o transporte colectivo, así como implantar zonas de baixas emisións extensas e ambiciosas que restrinxan a circulación do automóbil privado. Asemade, é aconsellábel favorecer boas prácticas que contribúen a reducir a mobilidade motorizada, como a compra de proximidade ou o teletraballo voluntario.

También te puede interesar