Galicia Vigo al minuto

O ‘metal’ volve este xoves á rúa en Vigo

O sector da traballo a 30.000 persoas en toda a provincia

CIG, CCOO e UGT anunciaron este mércores a convocatoria de mobilizacións ante a ruptura das negociacións do convenio colectivo provincial do sector do metal de Pontevedra por parte patronal.

As protestas terán lugar este xoves día 10 en Pontevedra, Vigo e Vilagarcía. Dende a CIG instan a CCOO e UGT a “aguantar o pulso” e a “non descolgarse” das propostas que figuran no documento conxunto que recolle as reivindicacións sindicais.

A primeira medida de presión será a celebración de concentracións de delegados sindicais do sector, que no caso de Vigo será ás portas de Asime ás 12:00 horas.

Segundo sinalaron os representantes sindicais nas súas comparecencias diante dos medios de comunicación, o abandono das negociacións por parte da patronal obrígaos a seguir defendendo “ noutros escenarios” un convenio que afecta a 30.000 traballadores en toda a provincia. “Imos pasar da negociación á acción para intentar que se volvan sentar e sermos capaces de chegar a un acordo”.

También te puede interesar