Galicia Vigo al minuto

A maioría do comité de empresa de BorgWarner aposta pola folga indefinida

Ante a ameaza de deslocalizar a empresa a Portugal e despedir a 700 traballadores

A maioría do comité de BorgWarner, empresa da automoción con
centros de traballo en Vigo e Nigrán, aposta pola convocatoria dunha folga indefinida a partir do luns día 14, «ante as ameazas da dirección de deslocalizar a fábrica a Portugal se non acepta os recortes no convenio que contempla a súa proposta».

O cadro de persoal desenvolverá unha mobilización este xoves diante do hotel Coia a partir das 10:00 horas, coincidindo coa celebración da última xuntanza entre as partes coa mediación doAGA.

Dende a maioría da representación dos traballadores explican que a convocatoria de folga foi rexistrada oficialmente hoxe mesmo, a expensas de que os traballadores/as amosen o seu apoio á medida de presión nas asembleas que terán esta fin de semana no local da CIG de Vigo.

Un ano de reunións

A folga indefinida chega tras máis dun ano de reunións para negociar o convenio, período no que a empresa anunciou un ERE extintivo para 103 persoas, que finalmente non chegou a executar porque pactou coa parte social un acordo de plan voluntario de baixas incentivadas. A empresa tivo que dar marcha atrás despois de que o comité convocara unha folga indefinida, tras o que se abriu un período de negociación coa mediación do AGA.

Neste tempo a dirección de BorgWarner amosouse “totalmente intransixente” aos intentos da parte social de que retirase estas medidas “tan lesivas” para o conxunto do persoal. Mesmo chegou a «ameazar
con desviar os proxectos de nova adxudicación para a planta de Viana do Castelo».

Esta medida «suporía o peche da fábrica de Vigo. Isto traduciríase na perda de preto de 700 postos de traballo directos e indirectos«. BorgWarner conta na actualidade conta cun cadro de persoal de 480 traballadores indefinidos.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.