RGPD - Cookies
Galicia Sucesos

Un veciño da Cañiza morre ao intoxicarse con monóxido de carbono

Este luns, de madrugada

Un home de 48 anos de idade apareceu morto este luns na súa casa da parroquia de Oroso, na Cañiza. O suceso producíuse de madrugada, segundo fontes dos servizos de Emerxencia, logo de intoxicarse co monóxido de carbono dunha máquina que manexaba.

Foi a familia a que chamou ao 112 Galicia preto das 01:30h. Axiña chegaron ao lugar axentes da Garda Civil e unha ambulancia de soporte vital básico do 061, con persoal da PAC da Cañiza,que so puido confirmar a morte.

También te puede interesar