RGPD - Cookies
'Qué te cuentas?' Galicia

Toda a costa galega en ‘alerta laranxa’

Agárdanse ventos de forza 8 e ondas de ata 6 metros

A Dirección Xeral de Emerxencias da Xunta vén de activar a ‘alerta laranxa’ por temporal en toda a costa galega a partir da tarde deste luns.

Segundo a previsión da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), haberá un ‘fenómeno meteorolóxico adverso’, que empezará ás primeiras horas da tarde.

O mesmo deixará ventos desde o noroeste de forza sete ou oito, mar combinado e ondas de até seis metros.

También te puede interesar