Galicia Vigo al minuto

COVID: a Xunta realizará un ‘cribado’ a 2.000 estudantes e traballadores do CIFP Manuel Antonio

Será o vindeiro xoves e terá carácter voluntario

A Xunta ealizará un cribado a 2.000 persoas, entre traballadores e estudantes, do CIFP Manuel Antonio de Vigo. O obxectivo é o de detectar posibles casos positivos de Covid-19 que non presentan síntomas clínicos, e controlar así a circulación do virus.

O próximo xoves dia 10, un equipo de 10 profesionais de enfermaría vaise desprazar a ese centro de ensinanza para realizar a proba PCR aos que de xeito voluntario acepten participar nesta estratexia.

A delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández Tapias, mantivo unha xuntanza co xefe territorial a Consellería de Educación, César Pérez Ares, e o xerente da Área Sanitaria de Vigo, Javier Puente, para coordinar e ultimar os detalles desta acción.

Aumentar a capacidade diagnóstica

Trátase de continuar desenvolvendo iniciativas que permitan incrementar a capacidade diagnóstica da área para facer fronte a pandemia da Covid-19. “En vez de esperar a aparición de pacientes con síntomas, efectúase unha acción proactiva de busca e identificación dos asintomáticos, para controlar o antes posible os brotes da enfermidade”.

Cribado a 5.500 persoas da zona centro de Vigo

Neste contexto, tamén continúase realizando o cribado á poboación xeral asintomática.  Así, como informara vigoalminuto, estase convocando á realizar o test diagnóstico a outras 5.500 persoas da zona centro.

Outras 3.000 persoas nunha primeira fase

Hai que lembrar que nunha primeira fase xa realizouse o cribado a case 3.000 persoas de referencia dos centros de saúde de Sárdoma e Lavadores.

Te podría interesar