Ciencia y Tecnología Comarcas

A Deputación impulsa un novo alumeado sostible en 43 concellos da provincia

Cunha inversión de preto de 500.000€ favorece o paso a unha economía baixa en carbono

Dentro o marco da “aposta pola sostibilidade”, o Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou a adxudicación da contratación das obras de renovación das instalacións de iluminación exterior en 43 concellos da provincia.

Estas actuacións están recollidas nos expedientes de axuda concedida polo Instituto de Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE).

Alumeado de Bens de Interese Cultural

O proxecto tamén inclúe o alumeado nos Bens de Interese Cultural (BIC) dos concellos de Baiona, Caldas de Reis, A Guarda, Meis, Poio, Salvaterra de Miño e Vilanova de Arousa.

As actuacións serán financiadas pola Deputación, con 458.169,32€
os concellos e os fondos FEDER. Trátase de proxectos singulares de entidades locais que “favorecen o paso a unha economía baixa en carbono” no marco operativo de FEDER para o crecemento sostible 2014-2020.

También te puede interesar