RGPD - Cookies
Galicia

Este Nadal agárdanse 45.000 contratacións en Galicia, un 7% menos que o ano pasado

Encargados de empaquetado, de preparado de pedidos, mozos de almacén, ou repartidores son algúns dos profesionais máis demandados

Segundo un estudo difundido este venres por Adecco, en Galicia asinaranse máis de 45.500 contratos laborais na campaña de Nadal. Esta cantidade supón un descenso do 7% con respecto ao mesmo período do ano pasado.

Dacordo coas previsións de Adecco, por provincias, en Pontevedra haberá 23.056 contratacións (-7%), en A Coruña 17.418 (-8%), en Lugo 3.047 (-5%) e Ourense 2.047 (-10%).

Os sectores relacionados co grande consumo e o e-Commerce son os que liderarán as contratacións: alimentación, distribución, retail, loxística e transporte.

Encargados de empaquetado, de preparado de pedidos, mozos de almacén, ou repartidores serán algúns dos profesionais máis demandados.

También te puede interesar