RGPD - Cookies
Galicia

A Xunta pide limitar a dúas unidades familiares as ceas de Nadal, sen límite de persoas

En caso de que houbese límite de asistentes pide que non se conte aos nenos menores de 10 anos

A Xunta proporá para regular os encontros no Nadal que os mesmos estean limitados a dúas unidades familiares, sen ter en conta o número total de persoas.

O presidente Feijóo pediu este mércores que estes encontros non se limiten a considerar o número de persoas e que se centren nas unidades familiares. Para o xefe do Executivo galego o ideal sería que esas persoas sexan sempre as mesmas en todas as reunións destas datas.

No caso de que, finalmente, esta proposta non fora adoptada polo Goberno, a Xunta pedirá que para determinar o número de asistentes ás reunións familiares non se conte ás nenas e nenos menores de 10 anos.

También te puede interesar