Destacados Video

Vigo solidarízase co Pobo Saharaui

Os asistentes denunciaron as agresións do Reino de Marrocos

Ducias de personas concentráronse este xoves diante do Marco en Vigo para amosar a súa solidariedade co Pobo Saharahui.

Solidariedade Galega co Pobo Saharaui (SOGAPS) e a Delegación Saharaui para Galicia, convocaron actos en todas as cidades galegas para denunciar a «persistencia das agresións» do Reino de Marrocos contra a soberanía do Sáhara Occidental, a súa «intervención ilegal en Guerguerat» e, en consecuencia, a ruptura do alto o fogo asinado entre as dúas partes no ano 1991.

As dúas asociacións criticaron a pasividade para resolver o conflito por parte da ONU e o silenzo habitual do goberno de España.

Violacións de dereitos humanos

Representantes das asocacións convocantes lembraron que o pobo saharaui  «leva agardando pacíficamente durante anos o cumprimento dos acordos». En este tempo aturou o paso da Misión das Nacións Unidas para o Referendo do Sáhara Occidental (MINURSO) polo seu territorio, que, no canto de levar a cabo a súa misión, «actuou como cómplice do estado agresor e ocupante». Tamén padeceu «constantes violacións dos dereitos humanos»represión, detencións de presos políticos, torturados nos cárceres marroquís. «Vendo como os seus recursos son esquilmados por Marrocos e as compañías de occidente», a pesar de que tribunais da propia Unión Europea teñen ditado sentenza en contra destas prácticas.

Maite Isla, presidenta de Solidariedade Galega co Pobo Saharaui (SOGAPS)

Convocar o Referendo de Autodeterminación

«Cremos que xa vai sendo hora de que se poña a solución definitiva a esta situación», e iso pasa necesariamente por convocar xa o acordado Referéndum de Autodeterminación, que poida rematar coa definitiva independencia da República Arabe Saharaui Democrática (RASD).

A ONU, a Unión Europea e, por suposto, o Estado Español, subliñaron “deben actuar de inmediato, antes de que siga a medrar o conflito armado“.

También te puede interesar