Comarcas

Salceda reorganiza o tráfico en Penedo Redondo para acabar coas carreiras ilegais

O proxecto inclúe a colocación de pasos elevados e prazas de aparcamento

O Concello de Salceda ven de iniciar as obras de reorganización do tráfico no entorno do campo de fútbol do Penedo Redondo. O obxectivo da medida é o de rematar coas habituais «quedadas» para realizar carreiras ilegais de coches.

Pasos elevados

O proxecto consiste na creación de diversos pasos elevados que realizarán para lograo o cahamado «tráfico calmado». Deste xeiro impediranse as perigosas prácticas que se viñan detectando na zona. Ademais, vaise proceder ao pintado de prazas de aparcamento, que facilitarán a organización do tráfico para as familias do máis dun centenar de nenos e nenas que empregan o campo de fútbol a diario.

Perigo para veciños e usuarios do campo

Nas últimas semanas, Concello e Garda Civil de Tráfico traballaron de xeito conxunto para acadar a mellor solución. A mesma está encamiñada a rematar cun problema que empezaba a ser xa demasiado reincidente e supuña un perigo non só para as persoas que alí se concentraban senón tamén para a veciñanza da zona.

Lucía Pereira, concelleira de Seguridade e Tráfico, agradeceu a implicación da Garda Civil. «En diversas ocasións realizáronse denuncias por delitos contra a seguridade do tráfico, pero deste xeito conseguiremos rematar co problema definitivamente».

Loli Castiñeira, alcaldesa de Salceda, agradece aos diferentes corpos de seguridade do Estado o traballo que se está a realizar no noso municipio para siga a ser tranquilo e seguro.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.