'Qué te cuentas?' Ciencia y Tecnología

Denuncian a discriminación por parte da Xunta ás investigadoras pola súa maternidade

Esixen ao Goberno galego cumpra a lei en materia de igualdade

Como xa aconteceu anteriormente, as persoas pertencentes á convocatoria de Axudas Posdoutorais da Xunta 2017 que foron nais durante a duración dos seus contratos, «volven atopar as mesmas dificultades para continuar coa súa carreira investigadora».

«Desamparo e discriminación por maternidade«

O motivo, denuncia InvestiGal, é a falta de previsión e da negativa a
implementar cambios significativos por parte da Consellería de Educación, e a Axencia Galega de Innovación (GAIN) para «evitar situacións de desamparo e discriminación por maternidade que xa se están a converter en recorrentes dentro do sistema universitario e investigador galego».

InvestiGal reitera a importancia que ten que as persoas que disfrutaron de permisos de maternidade dispoñan de mecanismos reais de equiparación co resto das persoas coas que deben concorrer á seguinte convocatoria. Para iso deben establecerse, «criterios para ponderar os seus currículums ou outros que se consideren pertinentes para evitar que os períodos de suspensión conten como tempo traballado, e que a maternidade supoña unha penalización nas súas carreiras».

Amparadas pola Valedora do Pobo

Recentemente, incluso a valedora do Pobo se pronunciou a favor en resposta á queixa interposta por afectadas deste colectivo, da que a prensa se fixo eco.

A Xunta non responde


Tanto InvestiGal como as persoas afectadas por permisos de maternidade e pertencentes á convocatoria 2017 solicitaron á Xunta unha reunión. Na mesma querían pedir que lles aclaren as medidas ante a vindeira convocatoria de axudas que supoñen a continuación da súas carreiras investigadoras e que, previsiblemente, sairá a principios do 2021.

«Dada a falta de interese á hora de facer calquera tipo de aclaración», presentouse por rexistro un documento cunha serie de propostas. A Xunta podería aplicar as mesmas de maneira inmediata para «rematar con esta discriminación manifesta».

Cumprir a lei

Estas medidas teñen como finalidade o obxectivo de que se cumpra a lei vixente, tanto autonómica, como nacional e europea en materia de igualdade.

InvestiGal insta á Consellería de Educación e a GAIN a aplicar a
lei e a rematar dunha vez por todas con este tipo de «situacións inxustas que se veñen repetindo ano tras ano».

Ademáis a Rede pola Investigación insta á Conselleira de Emprego a mediar para que estas situacións de «discriminación por xénero e violencia estructural»contra as mulleres no ámbito da investigación deixen de producirse.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.