Cultura Vigo al minuto

Concentracións de apoio ao Sáhara nas 7 cidades galegas

O vindeiro xoves, día 26 ás 19:30h.

Diante da «persistencia das agresións» do Reino de Marrocos contra a soberanía do Sáhara Occidental, a súa «intervención ilegal en Guerguerat» e, en consecuencia, a ruptura do alto o fogo asinado entre as dúas partes no ano 1991, e dada a pasividade para resolver o conflito por parte da ONU e o silenzo habitual do goberno de España, desde Solidariedade Galega co Pobo Saharaui (SOGAPS) e a Delegación Saharaui para Galicia, «vémonos na obriga de seguir mobilizando e facendo un chamamento á solidariedade co pobo saharaui e o seu lexítimo representante, o Frente Polisario».

Violacións de dereitos humanos

Un pobo que «leva agardando pacíficamente durante anos o cumprimento dos acordos», o paso da Misión das Nacións Unidas para o Referendo do Sáhara Occidental (MINURSO) polo seu territorio, que, no canto de levar a cabo a súa misión, «actuou como cómplice do estado agresor e ocupante». Padecendo «constantes violacións dos dereitos humanos», represión, detencións de presos políticos, torturados nos cárceres marroquís. «Vendo como os seus recursos son esquilmados por Marrocos e as compañías de occidente», a pesar de que tribunais da propia Unión Europea teñen ditado sentenza en contra destas prácticas.

Convocar o Referendo de Autodeterminación

«Cremos que xa vai sendo hora de que se poña a solución definitiva a esta situación», e iso pasa necesariamente por convocar xa o acordado Referéndum de Autodeterminación, que poida rematar coa definitiva independencia da República Arabe Saharaui Democrática (RASD).

A ONU, a Unión Europea e, por suposto, o Estado Español, deben actuar de inmediato, antes de que siga a medrar o conflito armado.

«Por todo isto, facemos un chamamento a todas as institucións, sindicatos, partidos políticos, organizacións sociais e á cidadanía de Galicia», a participar nas concentracións de apoio que se celebrarán o vindeiro xoves, día 26 de novembro, ás 19:30 h. nas 7 grandes cidades de Galicia, nos seguintes lugares:
Vigo: Diante do Marco.
Pontevedra: Subdelegación do Goberno.
A Coruña: Subdelegación do Goberno.
Santiago de Compostela: Praza das Praterías.
Ferrol: Diante do Edificio da Xunta.
Ourense: Subdelegación do Goberno.
Lugo: Subdelegación do Goberno.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.