RGPD - Cookies
Galicia Vigo al día

A Asociación veciñal de Teis quere falar co alcalde sobre os pasos elevados da AP-9

O Goberno sinala que é o Concello, non os veciños, que ten que solicitar a mellora dos mesmos

A Asociación Veciñal de Teis vén de socilitar unha xuntanza co alcalde para tratar sobre a mellora dos pasos elevados sobre a autoestrada AP9 en Teis, especialmente nos camiños da Xorxa e da Trapa. Os veciños queren coñecer as xestións realizadas polo Concello diante do Ministerio de Transportes.

O Concello ten que pedir ao Goberno a mellora destes pasos

Está Asociación, mantivo hai quince días unha conversa coa Demarcación de Estradas do Estado en Galicia, na que se nós indicou que debía ser o Concello, como responsábel destes camiños, integrados no viario municipal, quen solicitará o reforzo da estrutura destes pasos elevados, para o Ministerio actuará.

«O pasado 17 de novembro, presentamos un escrito solicitando ao Concello, que se dirixa ao Ministerio de Transportes reclamando o reforzo desta estruturas e a mellora da seguridade destes pasos elevados», sinalan os veciños.

A Asociación coincidindo co Pleno municipal, convoca unha nova concentración este xoves 25 de novembro ás 10:00 horas, diante do Concello, para esixir a mellora destes pasos.

También te puede interesar