RGPD - Cookies
Vigo al día

A Xunta anuncia inversións por 143 millóns en Vigo durante o ano 2021

«Responden ao compromiso de Feijóo coas viguesas e vigueses»

Marta Fernández Tapias Delegada de la Xunta en Vigo

A delegada territorial da Xunta presentou este luns os orzamentos do Goberno galego en Vigo durante 2021.

Marta Fernández-Tapias sinalou que suman 143 millóns de euros que, engadiu «responden aos compromisos do presidente Feijoo, cos vigueses e viguesas».

Proxectos «fundamentais» para a cidade

Fernández -Tapias subliñou que o Goberno galego fai unha aposta por «proxectos fundamentais para Vigo». Entre eles, sinalou, están a ampliación do Ifevi, con máis de 7,6 millóns; impulso definitivo á ETEA, con 3,7 millóns para o desenvolvemento do Campus do Mar, 1,6 millóns para o novo pavillón ou a residencia de maiores con 15 millóns.

Proxectos xa en execución

Estas partidas, sinalou a delegada, dan continuidade orzamentaria a proxectos xa en execución como a Cidade da Xustiza 9,4 millóns-; a Estación Intermodal-10,2 millóns– as obras de urbanización da ampliación do Polígono de Navia8 millóns-; o Centro de Saúde de Bouzas -1 millón-ou o Albergue de Peregrinos -200.000€-.

Políticas sociais

Marta Fernández-Tapias salientou o crecemento das partidas destinadas a políticas sociais, que volven a incrementarse un ano máis, chegando a superar os 61 millóns. Un esforzo que permitirá, dixo, a construción dunha nova residencia de maiores con 150 prazas, converter a actual estación de autobuses nun Centro Interxeneracional e a creación dunha nova escola infantil na Cidade da Xustiza, unha vez queden rematadas as obras.

Contemplan asemade, melloras nas infraestruturas das escolas infantís, máis prazas en residencias e centros de día de discapacidade así como nas residencias de maiores, melloras nas instalacións da residencia de Altamar e varias liñas de axudas aos colectivos máis vulnerables.

Sanidade

Especial fincapé fixo Fernández-Tapias nas inversións en materia sanitaria que engloban os 5,5 millóns climatización do Meixoeiro, os 2,7 millóns para reformas en distintas unidades do Álvaro Cunqueiro ou os 3,1 millóns que se dedicarán á compra de equipamento electromédico. En total, 11 millóns destinados a melloras nos hospitais de Vigo, aos que hai que sumar os 2 millóns de euros reservados para o Centro de Saúde de Bouzas e o novo CIS Olimpia Valencia.

Vivenda

En materia de vivenda, a delegada afirmou que os orzamentos da Xunta para o 2021 apostan por un importante investimento que supera os 12,5 millóns que inclúe, entre outras partidas, 8 millóns para a construción de 1.600 vivendas en Navia de promoción pública; 3,8 millóns de euros para continuar co intenso labor de rehabilitación da Xunta no casco vello, que ve duplicado o seu investimento con respecto ao actual exercicio; e os 1,34 millóns que se destinan á construción das 62 vivendas de promoción pública que a Xunta está a finalizar nas rúas Canicouva e Ignacio Grobas -a inversión en conxunto alcanza os 8,42 millóns de euros-.

1,5 millóns transporte

Outras actuacións ás que fixo referencia Marta Fernández-Tapias foron os 1,5 millóns reservados para o transporte metropolitano; o millón de euros que investirá a Consellería de Medio Rural nos montes de Vigo, en cumprimento do convenio firmado coa mancomunidade de montes; a mellora do saneamento de Teis con 500.000 euros; o plan específico para a xestión das inundacións do Lagares con 310.000 euros; e melloras na mobilidade e seguridade viaria das estradas de titularidade autonómica ás que se destinan máis dun millón de euros.

Educación

Xa en materia educativa, dan continuidade, aseverou, á reforma iniciada do Instituto do Santa Irene con 600.000€ á ampliación dos talleres do CIFP Manuel Antonio con 300.000€ e á ampliación do Valentín Paz Andrade con 50.000. Asemade, resérvase unha partida de 50.000€ para nova sede do CGAC en Vigo.

También te puede interesar