'Qué te cuentas?' Galicia

Veciños de Teis esixen ao Concello que se dirixa ao Goberno para a mellora dos pasos elevados da AP-9

Demarcación de Estardas do Estado sinala que ten que dirixirse ao Goberno

Este venres, a Asociación Veciñal de Teis, convocou unha concentración diante das dependencias da Subdelegación do Goberno en Vigo, para esixir a mellora dos pasos elevados na autoestrada AP-9 en Teis, especialmente no camiño da Xorxa e da Trapa.

“Levamos anos esixindo ao Ministerio de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana uns pasos elevados seguros na autoestrada AP-9, que impidan a incomunicación en Teis”.

O pasado 17 de novembro, está Asociación dirixiuse ao Concello solicitando que se dirixa ao Ministerio de Transporte solicitando a mellora dos pasos.

Debe ser o Concello o que solicite esta mellora ao Goberno

Está Asociación, mantivo a pasada semana unha conversa coa Demarcación de Estradas do Estado en Galicia, na que se nós indicou que debía ser o Concello de Vigo, como responsábel destes camiños, integrados no viario municipal, quen solicitará o reforzo da estrutura destes pasos elevados, para o Ministerio actuará.

También te puede interesar