Cultura

Tomiño estrea nova aula de estudo na Casa da Cultura

Conta con 40 prazas, conexión a internet e será precisa unha tarxeta específica para acceder ao recinto

A aula de estudo habilitada na Casa da Cultura de Tomiño rematou esta semana o seu acondicionamento e xa está dispoñible para o seu uso.

A aula dispón dun total de 40 prazas, as cales contarán na súa totalidade con conexión a internet mediante WiFi ou cable Ethernet. Haberá tamén dispoñibles catro ordenadores e unha impresora para aqueles usuarios que o precisen, e estará dividida en dous espazos, un para o estudo en silencio e outro para a realización de traballos en grupo.

Tarxeta para usuarios

Para poder empregar as instalacións necesítase unha tarxeta específica da aula de estudo, necesaria para establecer un control de acceso que se entregará a aqueles que a soliciten. Para realizar esta solicitude é necesario completar un formulario no rexistro do Concello.

Casa da Cultura de Tomiño

Horarios

Os horarios serán das 9:00 ás 21:00 horas, fins de semana incluídos. Os menores de 12 accederán acompañados dun adulto, e os que estean en idades comprendidas entre os 12 e os 18 contarán cunha autorización por parte do pai/nai ou titor/titora.

Co fin de facer da aula un entorno agradable e estimulante para os usuarios, a artista Pilar Alonso levou acabo no recinto unha montaxe formada con material doado pola veciñanza como enciclopedias, libros de estudo ou apuntes, creando unha “nube de coñecemento” de 40 metros cadrados. Un traballo laborioso e de gran valor que tornará o espazo máis acolledor e cálido.

A aula espera servir como espazo de estudo e traballo para todos os veciños e veciñas que a precisen, complementando a función da aula CeMIT, e contará con distanciamento suficiente entre cada un dos postos de estudo, mamparas e xel hidroalcohólico, cumprindo con todas as medidas de seguridade.

También te puede interesar